O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A comunidade educativa do CEIP A Ramallosa, personalizada no director do centro, José Manuel Ferreirós, vén de entregar un cheque ao Banco Veciñal de Alimentos. Trátase dos cartos obtidos coa venda do Calendario Solidario do CEIP que fan todos os anos. A recadación deste ano foi de 900 euros que se xestionarán dende o Banco de Alimentos de Teo, que atende a máis dunha ducia de familias con entregas de produtos cada semanas.
Na entrega do cheque estiveron Esther Jiménez Peña, voluntaria do BVA; José Manuel Ferreirós Piñeiro, directos do CEIP da Ramallosa e Ignacio Iglesias, concelleiro de Benestar.
Esta iniciativa conta coa participación activa de toda a comunidade educativa, alumnado, pais e nais, profesorado e persoal do centro e dende o Concello e dos/as voluntarios/as do Banco agradécese esta importante doazón.