O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O 8 de xuño ás 20:30 horas no local da Pontevella celébrase a asemblea veciñal onde se escollerán as persoas que conformarán o seu Consello Parroquial. Nesta asemblea poden participar todos/as os/as veciños/as maiores de 16 anos.
O Consello Parroquial é un órgano de participación veciñal que ten como misión asesorar ao grupo de goberno nas accións que se desenvolverán nesa parroquia, así como achegar ideas e propostas para mellorar a acción municipal. A reunión do venres 8 terá nos puntos da orde do día explicar o proceso de participación; o debate sobre as prioridades da parroquia; a presentación de candidaturas ao Consello Parroquial; a elección de candidaturas ademais de rogos e preguntas.
As persoas que non poidan asistir á asemblea do día 8 e desexen postularse como candidatas para o Consello Parroquial, poden facelo por escrito asinado, identificando á persoa que vai presentar a súa candidatura na mesma.
Os Consellos, que se están creando paulatinamente en todas as parroquias, están integrados por dúas persoas elixidas en asemblea polos veciños e veciñas, por representantes das asociacións da parroquia, e dos grupos políticos municipais. Estes últimos teñen que ser veciños da parroquia correspondente.