O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A Biblioteca Pública do Grilo, en Cacheiras, acollerá en outubro catro clases do programa ‘Camiños de coñecemento e experiencia’, da Universidade de Santiago de Compostela. Esta iniciativa ofrece formación para persoas maiores de 50 anos.
A primeira clase será o 4 de outubro e versará sobre o papel da familia na educación, o 11 de outubro desenvolverase un obradoiro de estilos educativos parentais e o 18 de outubro a clase levará por título Invitación a un concerto (teoría)
Todas estas sesións son de 16:30 a 18.00 horas. As dúas seguintes mudan o horario e van de 10:30 a 12:00 horas: o 25 de outubro unha clase teórica de medio ambiente e o 26 de outubro unha visita ao Punto Limpo de Teo.
As persoas que desexen máis información ou matricularse poden chamar ao 981 815 700 ou acudir ao Departamento de Cultura e Educación no Auditorio Constante Liste na Ramallosa, á Biblioteca Pública do Grilo ou á Biblioteca Pública dos Tilos.
Attachment | Size |
---|---|
USC IV ciclo Maiores- Formación.pdf | 4.23 MB |