O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello mantén activa unha consulta á cidadanía na plataforma Somos Teo na que se pregunta se prefiren que se manteñan ou se retiren as camelias existentes nas beirarrúas da Travesía de Cacheiras. A votación comezou a mediados de xaneiro e remata o 14 de marzo. Dende os primeiros días gaña a opción de quitar as camelias naquelas zonas nas que son un atranco para os peóns, as persoas con cadeiras de rodas ou mesmo para ir con carros de nenos ou carros da compra.
Para participar nesta consulta hai que entrar na web Somos Teo e rexistrarse para o que hai que ter máis de dezaseis anos e estar empadroado/a en Teo.
O debate que se presenta é ver que se fai con varias das camelias que se plantaron no seu día nas beirarrúas de Cacheiras, en moitos casos moi estreitas. Aínda que se puxeron nun intento de humanizar a zona da estrada autonómica AC-841 no momento do desenvolvemento urbanístico en moitos casos supoñen un atranco para os peóns. Sen embargo ofrecen beleza natural facendo máis agradable o espazo urbano.
O dilema que se presenta é se se manteñen ou se cortan xa que non é preciso transplantalas por estar enriba de canalizacións sen o illamento preciso.
Hai que explicar que no caso de que a opción de retiralas gañe na votación non se cortarán todas, só as que están nas beirarrúas máis estreitas.