O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello de Teo promove este ano dous obradoiros de emprego, un deles en colaboración con Compostela e outro como promotor único. O que realiza en solitario comezará durante o mes de outubro e nos próximos días farase a solicitude de aspirantes ao Servizo Público de Emprego.
O obradoiro de emprego dual chámase REFORESTA e impartirase a especialidade
"Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas", correspondente ao certificado AGAR0208, certificado de profesionalidade con validez a
nivel estatal. Esta especialidade estará complementada con módulos formativos da especialidade "Aproveitamentos forestais", completando
así un programa que mixtura teoría e práctica e que terá unha
duración de 1440 horas.
Para participar neste programa formativo hai que ser demandante de emprego no servizo público de emprego e ter amosado o seu interese por participar en obradoiros de emprego.
As 8 persoas beneficiarias deste programa disporán dun contrato de traballo e percibirán un salario durante a
súa participación como alumnos - traballadores nesta actividade, que terá unha duración total de 9 meses. As prácticas laborais incluídas
no programa centraranse na realización de diferentes actuacións de repoboación con especies autóctonas, podas, talas e limpezas forestais
en distintas fincas municipais.
Cabe destacar que o Concello de Teo só foi beneficiario deste tipo de programas unha única vez e foi hai 20 anos, en que se celebrou unha escola-taller dirixida a desempregados de Teo e Boqueixón.