O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello de Teo vén de publicar no BOP número 43 do 2 de marzo o anuncio da convocatoria dos procesos selectivos para a selección e contratación, como persoal laboral, contrato de interinidade, mediante concurso-oposición, das prazas de Bibliotecario/a, Técnico informático, Traballador/a social, Tractorista, Conserxe/enterrador e para a selección e nomeamento, como funcionario/a interino/a, mediante concurso-oposición da praza de Técnico/a de RRHH. No anuncio publícanse as bases xerais e específicas que rexerán a convocatoria.
Consulta aquí o anuncio publicado no BOP
O prazo para presentar as instancias para participar nos procesos selectivos é de quince días hábiles dende o día seguinte ao da publicación no BOP. Polo tanto o prazo para a presentación de instancias está aberto do 5 ao 23 de marzo de 2018 (ambos incluídos).
Dende o Concello destácase a necesidade de cobertura destas vacantes, recollidas no orzamento aprobado no 2017, polo tipo de servizos que xestionarán.
Consulta aquí a convocatoria da praza de técnico/a de recursos humanos
Consulta aquí a convocatoria da praza de bibliotecario/a
Consulta aquí a convocatoria da praza de técnico/a informático/a
Consulta aquí a convocatoria da praza de traballador/a social
Consulta aquí a convocatoria da praza de tractorista
Consulta aquí a convocatoria da praza de conserxe-enterrador
Attachment | Size |
---|---|
convocatoriaprazasvacantes.pdf | 664.5 KB |