O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Concello de Teo só foi beneficiario deste tipo de programas unha única vez e foi hai 20 anos, en que se celebrou unha escola-taller dirixida a desempregados de Teo e Boqueixón.
Os asistentes a este obradoiro remunerado obterán unha certificación profesional en “Desenvolvemento de aplicacións web”.
Esta formación está dirixida a persoas desempregadas menores de 30 anos (entre 16 e 30), inscritas no Plan de Garantía Xuvenil que teñan solicitado na oficina de emprego o código “340 – Taller de Emprego” e dispoñan do título de bacharel ou das competencias clave N3.
Todas aquelas persoas que queiran formar parte do proceso selectivo, deberán cumprir estes requisitos antes do luns 3 de setembro.