O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello de Teo lembra este 3 de outubro a Constante Liste, primeiro tenente alcalde de Teo no ano 36. E faino o día do 82 cabodano do seu asasinato. Este mércores ás 12:00 horas colocarase unha pancarta no balcón da alcaldía, acto ao que está convidada a corporación municipal e no que estará presente o seu fillo Eduardo Liste.
Constante Liste naceu no 1900 en Ameneiro e foi veciño da Casalonga por razón de casamento. No ano 1932 figura como vogal na directiva do Centro Republicano de Teo e tamén foi presidente do Sindicato de Oficios Varios de Teo e Ames, ó que pertencía na súa condición de canteiro. O 16 de marzo do ano 36 foi elixido 1º Tenente de Alcalde. Despois do Golpe de Estado foi detido
e posteriormente fusilado, presumiblemente en Boisaca. O seu corpo nunca se recuperou.
Nesta xornada do 3 de outubro adicada á memoria seguiremos coa presentación dun libro sobre a guerra civil. Ás 19:30 horas no salón de plenos terá lugar a presentación do libro "Historia de la guerra civil contada por dos hermanas" de Lourenzo Fernández Prieto, profesor de Historia Contemporánea da USC, e Gustavo Hervella, licenciado en Historia Contemporánea pola USC. O libro conta a visión da guerra civil dende a óptica de Carlota e Fernanda García del Real, "mulleres independentes e dunha élite liberal acomodada que non responde a posicións políticas encorsetadas" segundo explican os autores. Máis información sobre o libro premendo aquí
Homenaxe á corporación republicana do 36
O Concello de Teo fixo en setembro do 2014 un acto público de homenaxe á corporación republicana do ano 36. Este acto, coordinado pola concelleira de Cultura naquel momento, Carme Hermida, supuxo un recoñecemento público da corporación a aqueles homes aos que a guerra civil impediu facer o traballo para o que foran elixidos democraticamente. Podedes consultar aquí o documento sobre a corporación de Teo do ano 36, con pequenas notas biográficas e un resumo dos acordos de goberno máis salientables.
En setembro de 2016 o pleno do Concello de Teo aprobaba que o auditorio municipal da Ramallosa tivese o nome de Constante Liste.
Attachment | Size |
---|---|
dossiercorporacion36.pdf | 243.84 KB |