O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello vén de mellorar o equipamento de xogos nas escolas infantís municipais de Calo, Os Tilos e A Ramallosa. Facendo uso da liña de subvencións convocada pola Consellería de Política Social para a mellora de escolas infantís, dende o departamento de Benestar xestionouse a adquisición de taboleiros dixitais, mesas de luz, mobiliario para os patios exteriores e outros equipamentos que tratan de incidir positivamente na prestación do servizo que ofertan estes dispositivos.
Así mesmo, na escola da Ramallosa realizáronse melloras estruturais habilitando un novo baño para o alumnado e colocando unha cobertura no patio exterior, para poder empregar este espazo en días de sol intenso. Ambas actuacións cofinanciáronse tamén que se cofinanciaron tamén grazas a esta liña de axudas.
esta liña de axudas participou dos gastos ocasionados polas melloras estruturais realizadas na Escola Infantil Municipal da Ramallosa, consistentes en habilitar un novo baño para o alumnado e en colocar unha cobertura no patio exterior, sendo así posible empregar este espazo en días de sol intenso.
No actual curso escolar 2018-2019 o total de prazas de atención simultánea é de 176, polo que a porcentaxe de cobertura das Escolas Infantís Municipais supera o 40%.
A Xunta de Galicia e a Unión Europea colaboraron no financiamento destas melloras tanto da infraestrutura como de equipamento das EIM. As escolas de Calo, Os Tilos e A Ramallosa son servizos municipalizados dende setembro cando se asumiu a súa xestión directa.
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, FEDER unha maneira de facer Europa
A mellora da infraestrutura da EIM da Ramallosa e a dotación de equipamentos para as EIM dos Tilos, Calo e A Ramallosa están cofinanciadas polo Programa Operativo FEDER. Obxectivo temático “conseguir unha educación de calidade”.