O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A corporación teense reúnese este martes 18 de decembro na sesión ordinaria de decembro. O debate plenario terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencia das persoas interesadas. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal.
Un dos puntos centrais será a proposta de obras incluídas no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de Concellos) POS+2019. Entre as obras previstas destacan os asfaltados en Luou, Cacheiras, Teo, Lucí ou Oza. Tamén se recolle actuacións que melloran a seguridade viaria coma a senda entre San Domingos e o centro de saúde de Folgueiras (Calo). Outros investimentos previstos atenden a mellora do Centro Social de Reis, a climatización do Auditorio Municipal Constante Liste ou unha área recreativa na Horta do cura, no entorno da igrexa de Luou.
A orde do día ten os seguintes puntos: