O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A corporación teense reúnese este mércores 31 de xaneiro nunha sesión ordinaria. O debate plenario terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencia das persoas interesadas. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal.
Un dos puntos destacados desta sesión é a proposta de regulamento do Consello local da infancia e adolescencia en Teo. Esta é unha das iniciativas que se están realizando para que o Concello forme parte do programa internacional Cidades Amigas da Infancia, liderado por Unicef. Este recoñecemento visibilizará as actuacións políticas que o Concello está a desenvolver en materia de infancia e mocidade, en especial as que teñen que ver co cumprimento dos dereitos da infancia recollidos pola Convención aprobada pola ONU no 1989.
A aprobación co CLIA no pleno permitirá que este Consello da infancia e adolescencia se reúna durante o mes de febreiro para avaliar unha serie de propostas e demandas que parten dos menores de Teo. Precisamente a semana pasada celebrouse xa a primeira sesión do Foro de Participación infantil e da adolescencia de Teo formado só por menores. Participaron nesta sesión 22 nenos e nenas dos centros escolares teenses que puxeron en común as demandas elaboradas nas aulas e estableceron as peticións prioritarias que se debaterán no CLIA. A rapazada pide, entre outras cousas, maior iluminación nalgunhas zonas, un carril-bici, máis beirarrúas ou controlar a velocidade nas estradas.
No CLIA, ademais dos/as nenos/as e mozos/as, terán representación os grupos políticos, así como as anpas ou o movemento asociativo.
Orde do día do pleno: