O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Departamento de Promoción Económica, dirixido por Conchi García, publica os resultados do sorteo de premios das rifas da campaña realizada no comercio teense "Tamén en Nadal, merca en Teo". O sorteo realizouse o mércores 10 en acto público no salón de plenos e por cada premio estraéronse tres números: primeiro premiado e dous reservas, que recibirán o agasallo no caso de que o primeiro non contacte co Concello. Tando os premiados directos como os reservas deben contactar co Concello antes do 26 de xaneiro e indicar os seus datos chamando ao número 981.815.700.
Consulta aquí os números premiados
O primeiro premio deste sorteo é un abono anual para a piscina municipal climatizada da Ramallosa. O número premiado é o 33395 entregado na Clínica Fisioterpéutica Armo, de Montouto. Neste premio a primeira reserva é o número 04311 entregado en Agro Castelao (Calo) e a segunda reserva o número 24366 entregado na Peluquería Luisa de Prado (Cacheiras).
O segundo premio é unha cea para dúas persoas, con aloxamento e almorzo, nun dos seguintes establecementos hostaleiros de Teo: Pazo de Adrán, Casa Grande de Cornide ou Parada de Francos. O número premiado é o 08058 entregado no estanco da Casalonga, en Calo. A primeira reserva é o número 08842 entregado en Librería D´Ana, na Ramallosa e a segunda reserva o 11096 entregado na farmación Montouto -parafarmacia- de Montouto.
O terceiro premio é unha actividade de aventura para catro persoas que se fará no Concello (a elixir entre un descenso polo Ulla, unha sesión de paintball ou un paseo a cabalo). O número premiado é o 36268 e foi entregado na Pescadería La Plaza de Cacheiras. A primeira reserva é o 07843 entregado en Quiosco A Xanela, de Montouto e a segunda reserva o 17177 entregado na Librería D´Ana, da Ramallosa.
A campaña no comercio tivo unha gran acollida por parte dos locais cun total de oitenta establecementos adheridos.
Attachment | Size |
---|---|
numeros premiados no sorteo tamen en nadal merca en Teo 2018.jpg | 5.45 MB |