O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Teo asina con Ames o convenio para regular a participación de cada concello nos custos da xestión da EDAR de Calo

| compartir:

Este mércores, 19 de setembro, os alcaldes de Teo, Rafael Sisto, e de Ames, José Miñones, asinaron o convenio de colaboración para regular a porcentaxe de participación de cada concello nos custes de xestión da EDAR Calo-Milladoiro. O convenio foi ratificado previamente no pleno de cada Concello.

O alcalde de Teo, Rafael Sisto, amósase satisfeito "por poder pechar un tema que estaba pendente dente hai anos e que ademais recolle dun xeito máis adecuado a realidade actual de cada Concello en relación á súa participación an EDAR".

Cómpre lembrar que en xullo de 1998 realizouse o proxecto básico da obra de saneamento en Calo e Milladoiro por parte da Xunta de Galicia. Para o cálculo do dimensionamento da EDAR no anteproxecto estimouse a poboación futura (na área de influencia da EDAR) dos dous concellos no ano 2023.

Tendo en conta a realidade actual de ambos concellos, considérase neste momento máis conveniente utilizar outro criterio para o reparto dos custes, concretamente o número de vivendas conectadas á EDAR Calo-Milladoiro. Para este fin, cada concello confeccionará anualmente unha listaxe de vivendas conectadas ó servizo de saneamento que verten á EDAR Calo-Milladoiro, con indicación do enderezo de cada vivenda conectada e titular do servizo.

Asemade, co obxecto de dispor dun estudo de custos, por acordo entre as alcaldías dos dous concellos, a principios de 2014 solicitouse a Augas de Galicia que realizase un estudo técnico de custes da EDAR Calo-Milladoiro. Este estudo, realizado por IDOM, Consultora de Aguas de Galicia, establece un custo de xestión total de 149.869,85 euros/ ano. Neste montante incluíase o custo variable da electricidade, nese ano estimada en 41.437,36 euros, polo que o custe de xestión, excluída electricidade, é de 108.432,49 euros/ano (sen IVE).

Control da xestión e mantemento da instalación

En base ao convenio, que vén de asinarse por parte dos alcaldes de Teo e Ames corresponderalle ao Concello de Teo a administración, control da xestión e mantemento da instalación da EDAR Calo-Milladoiro. Para os custos anteriores ao 2019 aplicarase o criterio do número de habitantes debendo o Concello de Ames aboar ao Concello de Teo un total de 295.815,43 euros correspondente ás anualidades que van de 2013 a 2017.

A anualidade de 2018 aínda está pendente de liquidación. As anualidades de 2013 e 2014 terán que aboalas antes do 31 de decembro de 2018; ás de 2015, 2016 e 2017, antes do 31 de decembro de 2019; e a de 2018, antes do 31 de decembro de 2020.

sinatura