O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello de Teo realiza unha acción de normalización lingüística que pretende facer visible a relación de María Victoria Moreno coa lingua galega, que consiste en repartir corazóns entre a comunidade escolar coa lenda “O meu co galego é unha historia de amor”, frase de María Victoria Moreno, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas deste ano; ademais disto un globo, tamén con forma de corazón e con idéntica lenda, estará pendurado do teito de centros escolares e edificios municipais, no que a autora viaxa xunto con libros.
Este martes repartíronse corazóns no CEIP da Ramallosa, xa que durante o mércores estarán nunha xornada de convivencia na Área Recreativa do Xirimbao e, no día do mércores, véspera do Día das Letras, realizarase o reparto nos CEIPs de Calo e dos Tilos, no CRA e no IES de Cacheiras. Case 2.500 corazóns para lembrar a importancia do amor á lingua propia.
Esta acción pretende dignificar a lingua como o fixo María Victoria, unha muller que non a sentía como propia ata que se asentou en Galicia e comprendeu a idiosincrasia do pobo galego, convertendo o seu co galego nunha historia de amor.
María Victoria Moreno, unha mestra e escritora galega que naceu en Estremadura e que viviu na emigración os seus primeiros anos de vida, asentouse en Galicia e fixo da lingua galega, unha lingua ata daquela estraña para ela, a súa lingua propia e defendeuna desde as aulas nunha época, durante a ditadura, onde o seu uso na educación estaba prohibido.
Palabras dela foron “Por isto penso que a situación do galego non se pode ver con indiferenza. Se estou coa xente que amasa o meu pan e mais colle no mar os peixes da miña mesa, tamén quero falar con eles, falar a súa fala”.
Ademais desta acción, o venres 18, a compañía Xarope Tulú representará na Mediateca do Grilo o conto María e os ollos alabarados, obra de María Victoria Moreno.