O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Departamento de Deportes do Concello de Teo informa que está aberto o prazo para presentar as solicitudes de uso das instalacións deportivas municipais para a tempada 19/20, que vai dende o 1 de outubro de 2019 ata o 30 de xuño de 2020.
As entidades locais do concello poden presentar as súas solicitudes no Rexistro de Entrada do Concello ata o venres 13 de setembro de 2019 e as persoas particulares, colectivos e demais entidades poden presentar as súas solicitudes no Rexistro de Entrada ata o mércores 18 de setembro de 2019.
Para máis información pode consultar a información sobre o uso de instalacións deportivas na web municipal, contactar co Departamento de Deportes do Concello (de 8:00 h a 14:00 h) no teléfono 981 815 700 ou no enderezo deportes@teo.gal
Attachment | Size |
---|---|
Solicitude Pavillóns.pdf | 217.74 KB |