O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

ActivaTeo desprega as súas propostas para 2019

| compartir:

O programa ActivaTeo, do Departamento de Benestar Social do Concello, reforza as súas actividades en 2019. Están pensadas para que as persoas maiores ou con discapacida de poidan ter espazos de relación, realicen exercicio físico moderado e efectúen tarefas de estimulación cognitiva. Deste xeito reforzan a súa capacidade física e mental de manter unha vida indepentente, evitando na medida do posible que o paso dos anos non signifique un empeoramento da súa calidade de vida.

O prazo para anotarse ábrese o 26 de decembro e para participar hai que chamar ao teléfono dos Servizos Sociais Comunitarios, o 981.809.707.

Envellecemento activo

Os cursos de envellecemento activo ofrecen de balde quince grupos de ximnasia terapéutica, seis de estimulación cognitiva e memoria, clases de exercicio para persoas con enfermidades crónicas e varias actividades ocupacionais. Ademais, haberá sesións dunha hora semanal na piscina climatizada da Ramalllosa, que custan seis euros cada mes.

Os grupos de ximnasia terapéutica están previstos en Cacheiras (luns de 9:30 a 10:30 horas e mércores de 19:00 a 20:00 horas), en Calo (luns de 17:30 a 18:30 horas e de 18:30 a 19:30 horas), en Vilar de Calo (luns de 20:00 a 21:00 horas), en Vilariño (martes de 17:00 a 18:00 horas), en Luou (martes de 18:30 a 19:30 horas), na Torre (martes de 20:00 a 21:00 horas), nos Tilos (mércores de 10:30 a 11:30 horas), na Ramallosa (mércores de 17:30 a 18:30 horas), en Francos (mércores de 20:30 a 21:30 horas), en Oza (xoves de 17:00 a 18:00 horas), en Rarís (xoves de 18:30 a 19:30 horas), en Lampai (venres de 17:00 a 18:00 horas), en Solláns (venres de 18:30 a 19:30 horas) e en Teo (nun día por determinar, entre as 10:30 e as 11:30 horas).

Os grupos de estimulación cognitiva e da memoria serán en Cacheiras (luns de 17:30 a 19:00 horas), en Luou (mércores de 17:00 a 18:30 horas), en Vilariño (mércores de 19:00 a 20:30 horas), en Solláns (xoves de 10:30 a 12:00 horas), en Recesende (xoves de 19:00 a 20:30 horas) e en Calo (xoves de 17:00 a 18:30 horas).

En canto ao exercicio para persoas con enfermidades crónicas, de calquera idade, terá lugar en Cacheiras os martes e xoves entre as 10:30 e as 12:00 horas. As actividades ocupacionais previstas, tamén pensadas para persoas de todas as idades, son as de pintura na Ramallosa (martes de 17:00 a 18:30 horas), encaixe de palillos na Ramallosa (venres de 17:00 a 18:30 horas) e ioga do riso na Casa Común de Rarís (martes de 20:00 a 21:00 horas).

Ceas-baile e excursións

As ceas-baile do ActivaTeo 2019 celebraranse os días 26 de xaneiro, 23 de febreiro, 26 de outubro e 23 de novembro. Terán lugar en restaurantes do municipio que se irán concretando en cada ocasión. O prezo por cada cea-baile é de 20 euros por persoa.

En canto ás excursións, para maiores de 60 anos ou pensionistas, a primeira prevista será o 13 de febreiro con destino ás Termas de Outariz (Ourense), á que seguirán a do 23 de marzo ás localidades portuguesas de Vilanova da Cerveira, Melgaço e Monçao, a do 27 e 28 de abril a Zamora e Benavente, a do 25 de maio ao Barco de Valdeorras e ás Médulas, e a do 28 de setembro á Mariña de Lugo.

O prazo para anotarse nas ceas-baile e nas excursións estará aberto entre os días 1 e 15 do mes no que se desenvolva a actividades.

activateo