O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Publícase o anuncio remitido pola Axencia Galega de Infraestruturas en relación ao pago por expropiación para a obra PROXECTO DE CONSTRUCIÓN DE AUTOVÍA AG-59, TREITO A RAMALLOSA-ENLACE AC-241, de clave GA/08/022.01.1, no concello de TEO.
Resolución do 14 de novembro de 2019 do Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas da Coruña, pola que se acorda realizar o pagamento do mutuo acordo por expropiación para a obra PROXECTO DE CONSTRUCIÓN DE AUTOVÍA AG-59, TREITO A RAMALLOSA-ENLACE AC-241, de clave GA/08/022.01.1, no concello de TEO.
En cumprimento do disposto no artigo 49 do Regulamento de Expropiación Forzosa de 26 de abril de 1957, este Servizo, en virtude da competencia delegada mediante Orde de 7 de setembro de 2017 sobre delegación de competencias no secretario xeral técnico e noutros órganos e entidades públicas adscritos a esta consellería, publicada no DOG nº 179 de 20 de setembro de 2017, resolveu proceder a efectuar o pagamento do mutuo acordo dos bens e dereitos afectados pola obra Proxecto de construción de autovía AG-59, treito A Ramallosa-enlace AC-241 (clave GA/08/022.01.1), no concello de Teo, que figuran expostos no taboleiro de anuncios do concello.
O pago realizarase mediante transferencia bancaria a quen figura como titular na acta previa. No suposto de cambio na titularidade da propiedade que figura na acta previa, deberán achegar documentación que acredite a transmisión da propiedade e DNI do novo titular.
A contía a pagar será o resultado de deducir do prezo xusto o importe correspondente ao depósito previo. Para proceder ao pagamento, os titulares dos bens e dereitos afectados deben proporcionar un certificado de titularidade da conta bancaria co número de conta completo (incluído IBAN e BIC) dentro dos dez (10) días naturais, no que todos os propietarios figuren conxuntamente como titulares. No caso de que no devandito período non se proporcione a documentación, a transferencia aos titulares non se poida levar a cabo e/ou a propiedade dos bens e dereitos afectados non se acreditase suficientemente, o importe do prezo xusto depositarase na Caixa Xeral de Depósitos.
A documentación requirida debe presentarse por calquera dos seguintes medios: nas oficinas de asistencia en materia de rexistros, nas oficinas postais dirixidas ao Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas da Coruña, (rúa Vicente Ferrer, 2-8ª planta, 15071 A Coruña), mediante presentación electrónica na dirección https://sede. xunta. gal/detalle- procedemento? codtram=PR004A, ou por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015 do Procedemento
Administrativo Común das Administracións Públicas.
Consulta aquí o listado remitido pola Xunta.
Publicado no taboleiro do Concello e en teo.gal o 21 de novembro de 2019.
Attachment | Size |
---|---|
2019_11_19 listado.pdf | 390.34 KB |
2019_11_19 Resolución do 8 de Agosto de 200 6 do Servicio Provincial de Estradas pola que se sinala a data para o levantamento de Actas Pr.pdf | 406.78 KB |
2019_11_19 S_REFERENCIA.pdf | 266.85 KB |