O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
"A convocatoria municipal de axudas para o ensino e o transporte do curso 2019-2020 poderá chegar a un maior número de familias ao mudar o seu criterio de nivel de renda" segundo explica Mayte Iglesias, concelleira de Educación. O máximo para recibir as axudas queda fixado en 7.500 euros per cápita. Ata agora eran 6.000. O anuncio da convocatoria publicouse no BOP número 204 do 25 de outubro de 2019. Deste xeito o prazo para presentar as solicitudes será do luns 28 de outubro ao martes 26 de novembro (ambos incluídos).
Podes consultar aquí o anuncio da convocatoria das bolsas de ensino publicado no BOP.
Podes consulta aquí a convocatoria completa
Descarga aquí os modelos de solicitude das bolsas
Quen pode solicitar?
As axudas para gastos de material escolar, libros de texto e contidos dixitais poden pedirse para alumnado de Primaria e Infantil dos centros públicos do municipio, para estudantes da ESO ou de Bacharelato dos IES de Cacheiras e de Pontepedriña ou de IES con modalidades inexistentes neses dous centros, para estudos de FP ou PCPI de calquera centro público, para estudos universitarios en calquera campus galego, para ensinanzas de réxime especial e ensinanzas artísticas superiores en centros galegos e para alumnado con necesidades educativas especiais en calquera centro.
As axudas de transporte diríxense a alumnado de FP, PCPI, estudos universitarios, Bacharelato ou ensinanzas artísticas superiores en centros situados fóra da área do sistema de transporte metropolitano de Santiago.
Que documentación se debe presentar?
Ademais da solicitude no impreso que se pode obter no Concello ou premendo aquí, deben incorporarse fotocopias do DNI do solicitante, do libro de familia, da declaración da renda de 2018 e facturas orixinais ou copias cotexadas do gasto realizado, así como certificados da matrícula, a declaración responsable de estar ao día nas obrigas tributarias e, de ser o caso, certificados de minusvalía, desemprego, familia monoparental ou orfandade.
Que importe teñen as axudas?
As axudas, que non poderán ser maiores do gasto, acadarán ata 100 euros en Infantil, Primaria e ESO, os 150 en casos de necesidades educativas especiais, en Bacharelato e FP e os 200 euros en estudos universitarios e ensinanzas
artísticas superiores.
Attachment | Size |
---|---|
MODELOS AXUDAS ENSINO E TRANSPORTE 2019-2020.pdf | 94.88 KB |
EDICTO AXUDAS ENSINO E TRANSPORTE 2019-2020.pdf | 646.77 KB |
MODELOS AXUDAS ENSINO E TRANSPORTE 2019-2020.odt | 236.36 KB |