O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello de Teo apoia a campaña #Emerxenciafeminista promovida polas organizacións de mulleres e participa da acción prevista para o 20 de setembro en todo o País. En Teo farase unha concentración ó carón da Casa do Concello este venres 20 ás 21:00 horas. Seguindo as indicacións dos movementos feministas coincidindo con esa data iluminarase unha das fachadas do edificio de violeta. Animamos á cidadanía a participar neste acto reivinvidicativo nunha semana marcada polo triplo asasinato machista de Valga.
Na mañá do martes as/os traballadoras/es e políticas/os do Concello gardaban un minuto de silencio en repulsa por este cruel asasinato machista e en recordo das vítimas.
A campaña #Emerxenciafeminista quere chamar a atención sobre as cifras de asasinatos deste verán do 2019. "O pasado mes de xullo, cada dous días, unha muller foi asasinada" . O documento, apoiado por numerosos colectivos feministas, lembra que "Non hai tempo, paremos o mundo. Non se pode seguir normalizando esta situacióin, non se pode seguir condenando ás mulleres a convivir co terrorismo machista. Un terror que se mete en cada recuncho do noso día a día, coa dúbida constante de quen será o seguinte".
A noite do 20 de setembro, en Teo, e en moitos lugares do País será a noite violeta. Anímase ás persoas asistentes a achegarse tamén con algunha prenda de vestir desa cor.