O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O goberno municipal de Teo amósase moi preocupado polo inicio de explotación da canteira "Casalonga" número 6996, na parroquia de Calo. O alcalde, Rafael Sisto, e a concelleira de Urbanismo, Uxía Lemus, achegáronse á zona onde puideron comprobar que había persoal da Dirección Xeral de Minas da Xunta de Galicia e a Directora Facultativa da explotación, persoal de Toca Salgado, a empresa propietaria dos dereitos de explotación.
Dende o Concello tense solicitado en varias ocasións a Minas o Plan de restauración da concesión da explotación Casalonga número 6996 e o Plan de labores da concesión da citada explotación número 6996 así como o documento de Seguridade e Saúde da mesma. Así mesmo, tamén se pediu reunión co Xefe Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria para tratar este tema, de máxima preocupación para o Concello. Estas solicitudes non foron atendidas até o de agora a pesar de terse realizado en varias ocasións dende o 18 de febreiro e reiterado hoxe mesmo.
A falta de resposta da Xunta de Galicia é máis preocupante se cabe "cando constatamos o inicio da actividade xa que ao non ter información concreta do plan de laboreo non sabemos se os traballos se axustan ao citado plan ou non". Dende o Concello estarase vixiante diante dos traballos e lémbrase que a zona está atravesada por un viario público cunha restrición ao tráfico pesado, concretamente non poden circular vehículos de máis de 4,5 toneladas.
O alcalde e a concelleira de Urbanismo amosan ademais a súa preocupación xa que sospeitamos que non se adoptaron as medidas de seguridade necesarias para permitir o libre tránsito de persoas polo viario municipal. E destacan que se manterán vixiantes de que se cumpra a restrición do citado camiño para evitar calquera infracción ou risco para a veciñanza.
Unha vez máis chama a atención a falla de sensibilidade da administración autonómica neste tema, que si preocupa á veciñanza e ao Concello. A falla de transparencia e a opacidade na defensa única dos intereses empresariais duns poucos son, unha vez máis, o que identifica á Xunta de Galicia.