O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Departamento de Medio Ambiente informa que en virtude do Convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a FEGAMP e SEAGA en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias foron seleccionadas as seguintes parroquias do Concello de Teo e superficies de actuacións, onde o sistema público realizará a xestión da biomasa nas faixas secundarias.As parroquias son Cacheiras cunha superficie prevista de 192,63 hectáreas e Calo cunha superficie de 252,14 hectáreas.
Os propietarios de parcelas situadas nas faixas das aldeas de ditas parroquias, que desexen que o sistema público se faga responsable da xestión da biomasa das súas parcelas poden facelo a través do Concello, mediante a sinatura dun contrato de xestión da biomasa.
Contratando o sistema público o custe para os propietarios pola execución dos traballos de xestión da biomasa será de 350 € por hectárea e anualidade, e farase cos medios do Convenio. Esta cantidade uniforme para todos os propietarios se fixa como inferior aos costes económicos totais das actividades prestadas. Estímase que para unha parcela media de 1000 m2 a tarifa oscilará entre 35 e 42 €. E dicir, si o custe real da limpeza é superior a esta cantidade por hectárea, non o terá que pagar o propietario.
Para máis información, convócase aos veciños/as das parroquias de Cacheiras e Calo, a unha charla informativa que terá lugar no Salón de Plenos da casa Consistorial o vindeiro día 14/06/2019 ás 12:30 horas.