O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O entroido dos xenerais ten unha nova cita esta fin de semana, concretamente nas parroquias de Santa María de Teo e Vilariño. E deste xeito despedímonos desta festa de interese turístico no Concello ata o próximo ano. Os xenerais e comparsas sairán o sábado 2 e domingo 3, sempre que o tempo o permita para volver a celebrar os atranques, unha das partes máis destacadas do entroido dos xenerais.
O entroido en Santa María de Teo será o sábado 2. Conta co Pai Mala Lingua, figura propia da parroquia. As coordenadas GPS do campo da festa son 42º 45’ 52,5’’ e 8º 31’ 14,3’’.
(EDITATO) Ao día seguinte, o domingo 3 de marzo, estaba previsto o entroido en Vilariño. Sen embargo a mala previsión meteorolóxica fixo que a organización acordase adiar a súa celebración para o próximo domingo 10 de marzo.
O percorrido tradicional do entroido de Vilariño comeza no campo da festa e vai cara a Cerdeira antes do xantar. Despois de comer, percorren a outra parte da parroquia cara Bamonde para volver ao campo da festa e dar os atranques. As coordenadas GPS do campo son 42º 46’ 23’’ e 8º 31’ 40’’