O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A Fegamp vén de comunicar ao Concello que a dende mañá venres 8 de maio elimínanse as franxas horarias para as saídas (paseos, deporte) nos núcleos separados de menos de 5.000 veciños. Deste xeito en Teo poderán saír sen atender a horarios concretos en todas as parroquias agás en Cacheiras, que ten unha poboación maior dos 5.000 veciños/as.
O restos dos condicionantes, por exemplo o tempo que pode durar o paseo ou o número de persoas que poden saír segue vixente.
A comunicación remitida pola Fegamp indica que a Xunta de Galicia vén de comunicar a eliminación da restrición horaria para as saídas en núcleos separados de menos de 5.000 veciños e que se aplicará en concordancia á
interpretación da norma remitida dende a Delegación do Goberno:
“En relación coa problemática suscitada na interpretación do art. 5.2 da Orde SND380/2020, do 30 de abril, sobre as condicións nas que se pode realizar actividade física non profesional ao aire libre durante a situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, trasladada polo Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, na que se expón unha dificultade específica no que se refire ás entidades de ámbito territorial inferior ao municipio que administren núcleos de poboación separados cunha poboación igual ou inferior a 5.000 habitantes, particípolle que se considera que procede realizar unha interpretación do art.5.2 da Orde SND380/2020, do 30 de abril, en sentido amplo e favorable á vontade do lexislador ante esta realidade material e xurídica na que nos atopamos.
Neste sentido, cando na citada Orde se alude ás Entidades de ámbito territorial inferior ao municipio, cabe interpretar, do sentido material e do espírito da norma, que non se está remitindo en sentido estrito ao concepto xurídico- administrativo recollido na lexislación de réxime local senón ao concepto de entidade colectiva de poboación, como agrupación de entidades singulares, definido polo Instituto Nacional de Estatística, como unidade ou entidade intermedia entre a entidade singular de poboación e o municipio. Exemplos destas entidades colectivas de poboación que teñen unha marcada orixe histórica son as parroquias, irmandades, concellos e outras que existen en diferentes Comunidades Autónomas e, entre elas, na Comunidade Autónoma de Galicia.”
Consulta aquí o documento remitido pola Fegamp
Consulta aquí as rúas e núcleos de cada parroquia do Concello
Attachment | Size |
---|---|
200507_saidas_nucleos_menores_5.000_vecinos-1.pdf | 498.69 KB |
Zonas numeración_Rúas e núcleos.pdf | 111.03 KB |