O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Minas comunica ao Concello que non caduca a concesión da canteira da Casalonga

| compartir:

O Concello de Teo vén de recibir un escrito da Xefatura do Servizo de Enerxía e Minas no que se informa que a Xunta finalizou "o procedemento de caducidade da concesión de explotación de recursos mineiros da sección C) Casalonga, núm. 6996 co arquivo do expediente, por non quedar acreditadas as causas de caducidade contempladas no acordo de inicio do procedemento de caducidade do 26/08/2019”. Podes consultar aquí a comunicación de Minas ao Concello. 

No escrito tamén se lle nega o dereito ao Concello de actuar como interesado no expediente de caducidade da concesión mineira. Resulta "sorprendente e inadmisible que a administración local non teña condición de interesada nun proceso que afecta a unha actividade industrial como a explotación dunha canteira con tanta incidencia medioambiental" indica a concelleira de Urbanismo, Uxía Lemus. Esta decisión da Xunta de Galicia carece de toda lóxica e a maiores crea unha situación de indefensión para o Concello e calquera afectado pola actividade citada. 

A comunicación da Xunta de Galicia ten ademais unha particularidade xa que non parece rexirste pola normativa adminitrativa. Trátase dunha comunicación que non ten pé de recurso. Sen embargo dende o Concello a asesoría xurídica está estudando a documentación para valorar a viabilidade dunha reclamación incluso por vía xudicial. 

Minas inicia no verán do ano 2019 un procedemento de caducidade da concesióin de explotacióin Casalonga nº 6996 en base a un informe do persoal técnico da Consellería que valoraba a inactividade da empresa concesionaria, Toysal. O Concello pide a condición de interesado, algo que a administración autonómica nega. "E agora, sen saber en que se basea a decisión da Xunta atopámonos co peche do seu propio expediente, peche que xa tivo lugar en agosto deste ano, pero comunicado ao Concello esta semana" indica Lemus. 

Esta decisión de Minas permite a Toysal manter a actividade mineira na concesión da Casalonga, pendente aínda de presentar un novo plan de restauración que a lexislación lle esixe. 

canteira

Arquivos descargables