O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O Informateo recolle a oferta das escolas culturais e deportivas ademais de outras melloras en infraestruturas

| compartir:

O Concello recuperou este mes de setembro a edición e reparto do Informateo, que quedara interrumpida en marzo pola declaración do estado de alarma e a anulación das actividades non esenciais. Na medida en que estes meses foron de escasa actividade e axenda de actos acordouse non editar este boletín de información municipal. 

Descarga aquí o Informateo de setembro. 

Coincidindo co mes de setembro retómanse actividades e tamén se publica a oferta das escolas culturais, deportivas, ou datas de novos roteiros e programas como o IV ciclo para maiores da USC que se vai celebrar en Teo. Destas e doutras actividades xa informa o número deste mes. 

Ademais desta información máis de axenda recóllense outras actuacións como a limpeza da finca da Tomada en Calo, a mellora do parque da Casalonga, as obras que se van realizar no local da Pontevella en Reis ou o remate da área de pernocta de autocaravanas no Xirimbao. 

A nova edicións do Delas Fest, o servizo de conciliación Teo Madruga ou a limpeza do río prevista para o 27 de setembro son outros tema que aparecen neste número. Tamén podes consultar a axenda do mes de setembro premendo aquí 

Axenda asociacións

No mes de setembro tradicionalmente tamén se recolle a axenda de actividades e clases ofertadas polas asociacións. Podes consultalas premendo aquí

Axenda SR de Calo

Por un erro na redacción neste número non se incluiu a oferta da SR de Calo. Aparecerá no Informateo de outubro. 

Podes consultar a oferta da SR S. Xoán de Calo a continuación: 

  • ESCOLA DE MÚSICA: Iniciación á música e solfexo. Martes de 18.00 a 19.00 h e venres de 16:30 a 19:30 h. Instrumentos. Vento-metal, vento-madeira e percusión. Xoves de 18:30 a 19:30 h e venres de 16:30 a 19:30 h. Banda. Sábados de 11:30 a 13:30 h.
  • ESCOLA TRADICIONAL: Gaita e percusión persoas adultas iniciación. Luns de 20:00 a 21:00 h. Baile persoas adultas iniciación. Sábados de 21:00 a 22:00 h. Pandeireta e canto persoas adultas. Sábados de 19:00 a 20:00 h. Pandeireta e canto nenos/as. Sábados de 18:00 a 20:00 h. Gaita e percusión nenos/as. Sábados de 18:00 a 20:00 h. Baile nenos/as inic. Sábados. 18:00 a 20:00 h. Baile tradicional. Luns de 21:00 a 22:00 h. Banda tradicional. Mércores de 20:30 a 22:30 h.
  • INICIACIÓN AO TEATRO PARA INFANCIA E PERSOAS ADULTAS: Hora e día por concretar.
  • CORAL POLIFÓNICA: Hora e día por concretar. 
  • DEPORTES: Sesións de preparación dos equipos das distintas categorías de idade de fútbol e fútbol sala da S. R. Calo. De luns a venres de 18:00 a 23:00 h. Información en srcalo@srcalo.com

 

parque casalonga

Arquivos descargables