O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Impulsados polos cambios de formatos culturais que provoca esta situación que se presenta pola Covid-19 e o marco normativo xeral, xorde dende a Concellaría de Cultura, Educación e Relacións Veciñais a iniciativa de celebrar este ano de xeito excepcional o EntroidON, en colaboración coas asociacións como son a Asociación Cultural O Pozo da Xerpa de Rarís, Asociación Cultural o Demo de Reis e Asociación Cultural de Festexos O Carme de Teo.
Este proxecto colaborativo consistirá en celebrar o Entroido Tradicional dos Xenerais da Ulla nas datas propias de celebración do Entroido das propias parroquias pero en versión dixital e a través das redes sociais. O termo EntroidON expresa que queremos manter o Entroido vivo, aceso, con dinamismo, e en movemento, baixo a idea de seguir conservando as datas particulares e as tradicións culturais, e poñer en valor e dar continuidade a unha das representacións culturais tradicionais máis importantes do noso patrimonio cultural dun xeito adaptado e seguro á situación que vivimos. O EntroidON pretende simbolizar a a esperanza de retomar pouco a pouco cada unha das actividades culturais que sementan o noso concello cando superemos a pandemia.
Visibilidade aos Xenerais da Ulla
Con este programa quixemos darlle visibilidade e non deixar esmorecer o noso Entroido Tradicional dos Xenerais da Ulla, e para iso as asociacións participantes mostrarán nas redes fotos e vídeos do Entroido 2021 feitas dende as casas das persoas integrantes, e non se esquecerán de manter os tradicionais atranques ou altos que serán gravados previamente -sen público e coas medidas pertinentes- e que serán publicados nas redes sociais para visualizar nos días e hora de costume segundo manda a tradición.
A través do EntroidON tamén rendemos unha pequena homenaxe ás entidades e persoas colaboradoras que dende as distintas parroquias, entidades e colectivos de Teo colaboran de xeito altruista na conservación e posta en marcha dos Entroidos Tradicionais dos Xenerais da Ulla. Sen eles esta tradición non chegaría aos nosos días, xa que ano tras ano se esforzan por facernos sorrir e por manter vivo o Entroido. Aposta pola cultura local Dende a Concellaría de Cultura realízase unha aposta firme polo talento da cultura local, da posta en valor do noso patrimonio inmaterial e das nosas tradicións, e por iso se compromete a seguir brindando o seu apoio a estas iniciativas. Cando todo isto pase, queremos volver a vernos de novo con máis forza ca nunca nas asociacións, nas casas comúns, nas bibliotecas, nos teatros, nos auditorios, nas rúas, nas festas, nos entroidos e nos eventos e demais espazos de cultura do noso concello.
O EntroidON poderase seguir nas seguintes redes sociais:
https://www.facebook.com/culturaconcellodeteo
https://www.facebook.com/bibliotecas.municipais.deteo
https://www.facebook.com/ConcellodeTeo
https://mediatecadogrilo.wordpress.com/
As datas nas que se celebra de xeito virtual o entroido son: