O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Directorio de establecementos con comida para levar. Xaneiro 2021

| compartir:

A Concellaría de Desenvolvemento Local e Turismo publica un directorio de establecementos de hostalaría con servizo de comida para levar, actualizado con data 27 de xaneiro. Podes descargar a imaxe co directorio premendo aquí.

Un total de 22 locais de todo o Concello aparecen neste directorio no que se explica, mediante pictogramas, se dispoñen de servizo de recollida ou entrega a domicilio ademais de especificar os días de funcionamento e o tipo de comida que teñen (cafés, bocadillos, viños e tapas...) 

As restricións sanitarias actuais obrigan a que a hostalaría estea pechada e só pode ter servizo de recollida ou a domicilio. Unhas medidas establecidas dende o 27 de xaneiro ao 17 de febrerio. Con este directorio todos temos nunha imaxe os datos de contacto dos locais de Teo que siguen funcionando nesta modalidade. "Non podemos consumir nos locais pero podemos seguir consumindo, e hoxe máis ca nunca debemos facer deste xesto algo responsable e solidario co noso sector hostaleiro máis próximo" indica María López, concelleira de Comercio e Turismo.

No directorio atopamos os locais repartidos polos núcleos de maior concentración de establecementos (Calo, Cacheiras, Reis, Luou e Os Tilos) e en cada un atopamos o enderezo e o teléfono de contacto. Calquera /a que queira sumarse pode enviar un correo a comercio@teo.gal ou chamar ao 981.936.629.

Dende o Concello tamén animamos á cidadanía a compartir a imaxe para que a información chegue ao maior número de persoas. Trátase dun xesto sen custe que pode axudar nestes momentos tan complicados a un sector que está asumindo importantes restricións.

 

directorio

Arquivos descargables

Attachment Size
Directorio hostalaria (2).jpg 765.18 KB