O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, vén de informar da licitación das obras de reordenación de accesos na estrada N-550, entre os k, 72,000 e 72,800, na Rúa de Francos. Trátase da demandada rotonda do Espiño que mellorará sensiblemente a seguridade viaria nesta zona. O presuposto de licitación estimado é de 241.583 euros e está prevista a publicación do anuncio no BOE próximamente.
Na recente visita ao Concello de Teo do Delegado do Goberno, José Miñones, xa se adiantara que o proxecto de execución destes traballos estaba rematado e pendente desta licitación. Trátase dunha vella reivindicación do Concello e da veciñanza da zona, de hai mais de dez anos, xa que ese cruce nese tramo da N-550 é moi perigoso.
O contrato de licitación, segundo informa o Ministerio, recolle a transformación da intersección con tipoloxía de glorieta partida existente actualmente nunha glorieta completa. A maiores implantarase un itinerario seguro entre as dúas paradas de autobús existentes nese punto, mediante a creación de beiravías e un novo paso de peóns.
Dende o Concello agárdase que agora os prazos administrativos non dilaten moito o proceso de execución dos traballos.