O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello abre un período de exposición e consulta pública sobre o proxecto de creación de camiños escolares seguros, concretamente na zona que dá acceso ao CEIP de Calo. Segundo explica a concelleira de Urbanismo, Uxía Lemus, "ante a dificultade de convocar reunións veciñais informativas pola situación COVID, acordamos habilitar un período de exposición pública aberto a suxestións a este proxecto que está previsto executar o ano que vén". Neste intre temos deseñado o proxecto pero aínda estamos nun momento no que se poden atender suxestións e melloras.
O prazo de exposición estará aberto dende o 27 de outubro ao 16 de novembro de 2020. Podes consultar aquí o proxecto de Camiños escolares seguros na zona da Igrexa-Calo.
Podes ver a explicación do proxecto en vídeo premendo aquí
Trátase dun diseño que conta con fondos europeos FEDER-POPE 2014-2020, cun orzamento total de 499.075,24 euros, e que inclúe unha serie de actuacións co fin de mellorar a mobilidade e a seguridade peonil na zona de Folgueiras, Fixó, A Igrexa de Calo e A Cascalleira.
Segundo indican dende Urbanismo, estas medidas incluirán sendas peonís que comunicarán o CEIP de Calo coa zona do pavillón municipal e a escola infantil municipal de Calo; coa N-550, en Balcaide; con Fixó e Campos de Mirabel e con Folgueiras o que suporá unha mellora integral da seguridade viaria da zona, na que se concentran diversos servizos públicos de grande afluencia peonil.
Debido ás necesidades técnicas desta execución, e en base a un estudo de tráfico previo, o Concello debe limitar os sentidos de circulación no Lugar de Fixó e na Rúa Cascalleira, de xeito que nestas dúas zonas están previstos sentidos únicos.
Os Planos de ditos sentidos únicos atópanse no proxecto que xuntamos a esta nova e podes consultar premendo aquí.
Podes tamén ver os planos por zonas.
Na Oficina de Urbanismo, poderanse consultar os ditos planos así como resolver as dúbidas aos mesmos, para o que deben solicitar cita previa no teléfono 981815700, ou formular a súa consulta a través do correo electrónico urbanismo@teo.gal.
Tamén podes ver a explicación técnica do proxecto da man do arquitecto municipal premendo aquí
A medida que se flexibilicen as medidas sanitarias polo COVID, desde o Concello comprometémonos a convocar reunións presenciais veciñais para explicar as medidas a implementar na zona.
Podes consultar aquí un informe sobre as suxestións ou reclamacións recibidas.
Esta actuación execútase a través dunha subvención do Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE) a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa Operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020.
Attachment | Size |
---|---|
20201016 PC Camiños escolares A Igrexa-Calo_compressed.pdf | 61.65 MB |
planos cascalleira.pdf | 1012.75 KB |
planos ceip calo.pdf | 260.64 KB |
planos igrexa de Calo-Folgueiras.pdf | 772.18 KB |
planos lugar fixo.pdf | 986.74 KB |