O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O 6 de maio Teo volve a celbrar a Carreira Pedestre Batalla de Cacheiras cun percorrido que lembra os acontecementos históricos da Batalla de Cacheiras. Deste xeito a carreira absoluta terá un percorrido de 9 quilómetros dende a reitoral de Bamonde ata o alto de Montouto, na Pena Escorredía.
As inscricións, tanto nas probas para escolares coma na proba absoluta, faranse a través da web www.emesports.es ata o martes 3 de maio ás 23:59 horas e xa están abertas. Podes inscribirte premendo aquí
Esta proba deportiva recupera a tradición de conmemorar a Batalla de Cacherias, acontecidos o 23 de abril de 1846. O percorrido da proba absoluta vai polos camiños por onde as tropas do xeneral De la Concha avanzou para enfrontarse ao exércitos sublevado do xeneral Solís. A saída farase dende a Reitoral de Bamonde ás 17:30 e a meta será no alto de Montouto, na Pena Escorredía.
Probas escolares
As probas escolares celebraranse en horario de mañá e serán no lugar da Torre, no espazo do parque enriba da autovía. As probas das crianzas comezarán ás 10:30 e rematarán sobre as 12:30. A continuación farase a entrega de premios.
Os escolares competirán nas seguintes categorías:
Podes consutlar o regulamento da proba e o resto de información de interese premendo aquí