O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Este mércores, día 28, o Concello de Teo celebrará o pleno ordinario correspondente ao mes de setembro. O horario será ás 20:00 horas no salón de plenos.
Na sesión plenaria, a Corporación municipal aprobará, se procede, as actas anteriores. Debaterase sobre a renovación da candidatura do Concello como Cidade Amiga da Infancia, a aprobación do POS adicional, da conta xeral do Concello, a transferencia de créditos e tamén se debaterá sobre a modificación do Regulamento do imposto de construcións, instalacións e obras. Por último, o grupo municipal popular presentará unha moción contra a tramitación dunha Lei de amnistía. O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Teo (esta é a ligazón directa: preme aquí).
A orde do día é a seguinte:
1.- APROBACIÓN DA ACTA DA SESIÓN CONSTITUTIVA DO 17/06/2023, E DA ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO 22/06/2023.
2.- DACIÓN DE CONTA DAS RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA (DA RES 882/2023 DO 20.07.2023 Á RES. 1117/2023 DO 21.09.2023).
3.- DITAME DA PROPOSTA DA ALCALDÍA DE SOLICITUDE DE RENOVACIÓN DA CANDIDATURA DO CONCELLO DE TEO COMO CIDADE AMIGA DA INFANCIA.
4.- DITAME DA PROPOSTA DA ALCALDÍA DE ACORDO DE APROBACIÓN DO POS+ADICIONAL 2/2023 PARA GASTO CORRENTE.
5.- DITAME DA PROPOSTA DA ALCALDÍA DE APROBACIÓN DA CONTA XERAL DO CONCELLO CORRESPONDENTE AO EXERCICIO 2022.
6.- DITAME DA PROPOSTA DA ALCALDÍA DE APROBACIÓN DE EXPEDIENTE DE TRANSFERENCIA DE CRÉDITOS 12/2023.
7.- DITAME DA PROPOSTA DA ALCALDÍA DE MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO DE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS.
8.- DITAME DA MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PP CONTRA A TRAMITACIÓN DUNHA LEI DE AMNISTÍA.
9.- MOCIÓNS
10.- ROGOS E PREGUNTAS
Attachment | Size |
---|---|
1.-CONVOCATORIA PLENO 27.09.2023.pdf | 76.77 KB |