O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Con motivo da convocatoria de eleccións ás Cortes Xerais que se celebrarán o 23 de xullo de 2023 infórmase de que o censo electoral está exposto do luns 5 ao luns 12 de xuño (ambos inclusive) para realizar consultas ou reclamacións.
Nese prazo, os interesados poderán achegarse ao Concello a comprobar os seus datos e proceder a facer as reclamacións que foran necesarias. Esta consulta tamén poderá facerse a través do teléfono 900.343.232 ou de xeito telemático premendo aquí
A consulta do censo é de especial interese para as persoas que veñen de cumprir os 18 anos e poden votar por primeira vez ou cambiaron de enderezo recentemente.
As persoas que cumprindo os requisitos non aparezan no censo ou aparezan con datos erróneos poden facer unha reclamación dende o 5 ao 12 de xuño. A Oficina do Censo Electoral é a encargada de resolver as reclamacións.
As rectificacións ao censo publícanse tres días despois de rematar o prazo de exposición.