O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O Concello de Teo e a Xunta de Galicia avanzan na posta en marcha dun novo centro de día

| compartir:
  • A alcaldesa e a conselleira de Política Social e Xuventude mantiveron esta mañá en San Caetano unha xuntanza de traballo
  • A rexedora municipal, Lucía Calvo, insistiu na necesidade de sentar as bases dun proxecto básico e fundamental para a poboación maior do concello
  • Salientou que os maiores son un colectivo prioritario que “debemos coidar entre todos"

A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, mantivo esta mañá unha xuntanza en San Caetano coa conselleira de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia, Fabiola García, para avanzar na posta en marcha dun novo centro de día no Concello e, deste xeito, dar cumprimento ao seu programa electoral.

Durante esta primeira xuntanza , a rexedora e a conselleira analizaron as cuestións relativas a este novo proxecto tales como as súas características ou o seu emprazamento. Neste sentido, a idea é situalo nun punto estratéxico e de máxima comodidade para a poboación maior do concello, que supera os 4.000 habitantes con máis de 65 anos. Por iso, insistiu a
alcaldesa, é fundamental sentar as bases dun proxecto vital para o concello de Teo, xa que ofr ecerá un servizo básico e fundamental para o desfrute da xente maior. 


Así, Calvo de la Uz salientou que, para o concello de Teo, os maiores son un colectivo prioritario que “debemos coidar entre todos”. Por iso, a rexedora tamén se interesou por outros programas que desenvolve a Consellería e que poden ser de interese para os seus veciños como programa Respiro familia r, mediante o cal se busca ofrecer apoio e descanso aos coidadores habituais da xente maior dependente ; ou o programa de Benestar en Balneario , que ofrece estadías de 10 días a todos os maiores de 60 anos e a aqu eles que superen os 55 e sexan pensionistas, para mellorar a súa calidade de vida.

 

Imaxe reunión