O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O pleno aproba o Plan local de infancia e adolescencia

| compartir:

O pleno do Concello, na sesión do 24 de maio de 2023, aprobou o Plan local de infancia e adolescencia (2023-2027) (PLIA). A proposta foi aprobada por unanimidade.

Podes consultar o PLIA premendo aquí. Tamén podes consultar o o informe diagnóstico sobre a situación actual da infancia e adolescencia en Teo aquí.

A iniciativa Cidades Amigas da Infancia, liderada por UNICEF Comité Español, ten como obxectivo xeral promover a aplicación da Convención sobre os Dereitos do Neno (ONU, 1989), ratificada polo noso país en 1990, no ámbito dos Gobernos Locais. Teo é Cidade Amiga da Infancia dende o 2018.

O pleno do Concello xa acordara presentar a solicitude para a renovación como Cidade Amiga da Infancia. Dentro dos requisitos desta convocatoria está a elaboración dun plan da infancia e adolescencia apoiados polas forzas políticas municipais.

elaboración deste documento contou cun proceso participativo de diferentes sectores, tanto da Mesa de Coordinación interna, formada por persoal político e técnico, como unha Mesa comunitaria que agrupou a persoas significativas do concello, como a propia rapazada do Consello Local de Infancia e Adolescencia.
 

 

 

Festeo

Arquivos descargables