O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
As piscinas descubertas municipais dos Tilos e Luou, que só funcionan na tempada de verán, abrirán durante o mes de xuño. A dos Tilos farao o xoves 15 de xuño e a de Luou vaise atrasar uns días por estar pendente dunha avaría de última hora. Ambas estarán abertas ata o 15 de setembro.
Para obter o carné de abonado/a das piscinas municipais descubertas deberán entregarse, nas oficinas administrativas da piscina municipal cuberta da Ramallosa, os datos identificativos da persoa, certificado de empadroamento (solicitado nalgúns casos), e os datos da situación familiar ou dos Servizos Sociais, se fosen precisos.
Horarios das tres piscinas municipais:
Piscina cuberta da Ramallosa (xullo e agosto)
De luns a a venres de 7:30 a 14:00 e de 18:00 a 23:00. Os sábados de 10:00 a 14:30 e os domingos de 11:00 a 14:00.
Piscinas descubertas:
Os Tilos: de 11:00 a 14:00h e de 16:00 a 21:00 h.
A Insua (Luou): de luns a venres, de 16:00 a 21:00 h. Os sábados, domingos e festivos, de 11:00 a 14:00h e de 16:00 a 21:00 h.
Utilización das piscinas descubertas:
- Persoas non abonadas: cada entrada, por día e persoa: 2,5 €
- Persoas abonadas:
1 Cota única por abono de verán xove (12-24 anos): 14€
DOCUMENTACIÓN: DNI
2 Cota única por abono de verán adulto (25-64 anos): 17€
DOCUMENTACIÓN: DNI
3 Cota única por abono de verán familiar: 27€ NOTA: Considérase como unidade familiar a formada pola parella ou polos proxenitores e os fillos e fillas menores de 18 anos. No abono de verán familiar poderán integrarse os fillos e fillas comprendidos entre os 18 e 25 anos, que convivan no domicilio familiar e se atopen realizando estudos oficiais ou en situación de paro, mediante unha cota de 8 € que se sumará ao custe do abono familiar.
DOCUMENTACIÓN: DNI+LIBRO DE FAMILIA+CERTIFICADO DE CONVIVENCIA +MATRÍCULA DE ESTUDIOS EN VIGOR OU TARXETA DE DEMANDANTE DE EMPREGO.
- Están exentas de pagamento:
As persoas que posúan abono da piscina municipal cuberta de Teo en calquera das súas modalidades.
As familias que presenten a tarxeta do paro de todos os seus membros. DOCUMENTACIÓN: DNI + CERTIFICADO DE EMPADRONAMENTO NO CONCELLO DE TEO + TARXETA DE DEMANDA DE EMPREGO EN VIGOR
As persoas maiores de 65 anos (a 1 de xuño de cada tempada), presentando o DNI. DEBEN PASAR POLA INSTALACIÓN IGUALMENTE, PARA OBTER O SEU CARNÉ DE USUARIO/A
As persoas menores de 5 anos (a 1 de xuño de cada tempada), presentando o libro de familia DEBEN PASAR POLA INSTALACIÓN IGUALMENTE, PARA OBTER O SEU CARNÉ DE USUARIO/A
Aquelas persoas que teñan a condición de pensionistas ou aquelas cuns ingresos familiares que non superen 1,5 veces o IPREM. Neste suposto, xustificarán a súa condición diante do departamento de Servizos Sociais do Concello de Teo, que emitirá un informe.