O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O venres 21 celebrouse a constitución do Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia que tivo lugar na Cidade da Cultura. Con este primeiro encontro constituíuse de xeito oficial este organismo de participación que procurará involucrar á mocidade na toma de decisións. Trátase dun Consello presentado pola Xunta de Galicia e conta cunha representante de Teo, Julia López, do CEIP dos Tilos.
Ignacio Igrexas, concelleiro de Benestar, asisitiu ao acto e mostra "a nosa satisfacción pola presenza de Julia neste Consello en representación da mocidade de Teo e como voz da infancia e adolescencia galega". Julia pertence ao Consello Local da Infancia e Adolescencia de Teo xa que Teo é cidade amiga da infancia.
Os integrantes deste Consello Autonómico son mozos de entre oito e 17 anos procedentes dalgún dos Consellos locais de participación infantil, da Plataforma de Organización da Infancia de Galicia (POIG) e do sistema de protección autonómico. Fabiola García, conselleira de política social, lembrou que a constitución deste organismo era moi agardado por mozos e entidades que traballan no ámbito da infancia e procura garantir o seu dereito a ter voz propia.
Fabiola García asegurou que coa súa constitución Galicia avanza na conquista de dereitos para a infancia e permite fomentar o espírito crítico entre a mocidade, ao tempo que se racha cos estereotipos que recaen sobre esta etapa.