O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello vén de licitar o contrato de obra para a construción da rede de augas pluviais no lugar de Mazas, por un importe que ascende a case 160.000 euros. Os interesados teñen de prazo ata o vindeiro 18 de novembro para presentar as súas ofertas.
Así, o obxecto do presente contrato é eliminar o problema de inundación que sofre este tramo de pista ano tras ano, dado que na actualidade a pendente da rede de cunetas é insuficiente e produce o desbordamento da auga, facendo intransitable a zona.
Neste senso, as obras que se prevén realizar comprenden a escavación de gabias, a colocación de tubaxes, o recheo de gabias e a colocación de embornais. Así mesmo, executaranse tamén os elementos hidráulicos complementarios necesarios para asegurar o correcto funcionamento da condución, tales como pozos de rexistro, acometidas, arquetas, conexións e outros.
Toda a información relativa a este procedemento de licitación está na Plataforma de Contratación do Sector Público. Trátase dun procedemento aberto simplificado de contratación.