O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello traballa na recuperación dos seus servizos principais tras recibir un ciberataque na tarde do mércores, 24 de xaneiro, o cal paralizou a actividade administrativa nos días posteriores.
Actualmente, permanecen afectados determinados servizos, pero non os grandes paquetes de información aloxados en servidores externos.
Neste sentido estase a traballar para recuperar o normal funcionamento de todos os servizos o máis axiña posible. Todos os equipos informáticos están sendo desinfectados co fin de poder restablecer os servizos básicos de atención á cidadanía o antes posible, incluíndo os terminais situados nos servizos periféricos (Servizos Sociais, Cultura e Turismo, Centro de Información á Muller de Teo, etc.).
Así mesmo, cómpre aclarar que, dende primeira hora do pasado xoves 25 de xaneiro, o servizo informático municipal activou de inmediato o protocolo de actuación establecido para intentar minimizar as consecuencias da incursión ilegal, da que se está a investigar o alcance en coordinación coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e a Deputación Provincial da Coruña. Todas elas están a participar en diversas xuntanzas telemáticas co informático municipal, a alcaldesa e a secretaria do concello para establecer os próximos pasos.
De xeito paralelo á investigación que xa puxo en marcha a Amtega para determinar a orixe do ciberataque e o seu alcance real, os feitos puxéronse en coñecemento da Garda Civil, que xa enviou na mañá do venres un equipo da Policía Xudicial á Casa do Concello. Do mesmo xeito, os feitos foron notificados tanto ao Centro Criptolóxico Nacional (CCN) coma á Axencia Española de Protección de Datos (AEPD).
Dende o Concello de Teo queremos trasladar o noso recoñecemento a todo o equipo técnico que está a traballar para que a volta á normalidade se realice coa máxima seguridade. Neste senso, tamén queremos lanzar unha mensaxe de tranquilidade á cidadanía, solictándolle tamén que ante calquera comunicación dubidosa procedente do Concello de Teo se poñan en contacto coa institución local.