O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, mantivo hoxe unha segunda xuntanza cos técnicos do grupo Histagra, para coñecer de primeira man os traballos de exhumación de restos óseos realizados no camposanto de Luou, dentro do seu plan de memoria histórica.
Os técnicos debullaron as tarefas realizadas durante estes días e agradeceron que o Concello respectara os ditos labores en campo, petición realizada na primeira xuntanza mantida antes de proceder á exhumación. “Por respecto aos falecidos e, sobre todo, por respecto ao voso traballo, non quixemos interromper o voso labor”, manifestou a alcaldesa.
Neste senso, salientaron que os restos achados serán debidamente analizados polos institutos de Medicina Legal e de Ciencias Forenses e que, pola súa parte, o traballo rematou con gran satisfación. De feito, colocaron un elemento conmemorativo no lugar do achado, como símbolo de respeto.
A alcaldesa, pola súa parte, agradeceu os esforzos realizados aquí en Teo, mantendo esa memoria histórica. Ademais, volveulles a transmitir a súa plena disposición por parte do Concello ante outra labor deste tipo.