O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

O Concello promove a creación e homologación da ruta de sendeirismo “Ribeira do Ulla Teense”

| compartir:

O Concello de Teo promove a creación e homologación da ruta de sendeirismo “Ribeira do Ulla Teense”, dentro da estratexia de desenvolvemento turístico sostible e cultural. A dita ruta enmárcase na Rede de Rutas do Concello de Teo e ten como finalidade a posta en valor do patrimonio natural, paisaxístico e cultural do territorio, así como a sua homologación como PR-G pola Federación Galega de Montañismo. Este proxecto ten encadre dentro da estratexia do GDR – 19 Asociación Terras de Compostela, no marco da Intervención Leader Galicia 2023-2027, a cal está cofinanciada con fondos Feader. 

Neste senso, o Concello licitou estes días o contrato mixto de subministro, servizos e instalación de sinalización para a creación e homologación desta ruta, por importe de 20.429,39 euros. Os interesados teñen toda a información na Plataforma de Contratación do Sector Público e poderán presentar as ofertas ata o vindeiro 4 de decembro. O dito contrato inclúe o deseño, fabricación, transporte e instalación de todos os elementos de sinalización e de interpretación ambiental, así como a elaboración do estudo EDS e a tramitación da homologación.

O ámbito de actuación abrangue o trazado da ruta lineal de 9,5 km entre Agromaior (Santa María de Teo) e a área recreativa do Xirimbao (San Cristovo de Reis), cunha extensión total de 13,5 km incluíndo rutas complementarias. O itinerario discorre integramente por espazos incluídos na Rede Natura 2000, LIC Ulla-Deza e ZEC Ribeiras do Ulla.


 


 

foto