O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Celebrada a 17ª sesión do Consello Local de infancia e adolescencia

| compartir:

Celebrado o Consello Local de infancia e adolescencia (CLIA), onde as Toupas de Teo puideron dar conta das actividades que fixeron durante o ano e, ao mesmo tempo, escoitar o rendemento de contas que as concelleiras e concelleiros do Goberno local realizan sobre as propostas presentadas no CLIA de inicio do curso no mes de novembro. 

Amanda, Tomás, Julia e Ariadne centraron as súas intervencións no traballo realizado no Fopia. Así, reflexionaron sobre os dereitos dixitais xa que foi o tema proposto por UNICEF para celebrar o Día da Infancia. Máis adiante traballaron sobre os códigos secretos de ANAR, e descubriron que moitas nenas, nenos e adolescentes empregan determinadas palabras, símbolos ou expresións para comunicar situacións preocupantes que ás veces non saben expresar doutro xeito. 

Falaron de temas delicados, relacionados tanto con determinados contidos sexuais como co consumo de substancias ilícitas, reflexionando sobre a importancia de detectar sinais de alerta e pedir axuda cando sexa necesario. Outros temas que se traballaron foron o do autismo e tamén o do racismo. En ambos casos, reflexionouse sobre as discriminacións, os prexuízos e as desigualdades qu aínda existen cara as persoas pola srúa orixe, cultura, ou trastornos do desenvolvemento. 

No final de curso dedicaron tempo a pensar tamén como lles gustaría comezar as sesións no mes de setembro e como captar a atención dos nenos, nenas e adolescentes para conseguir ampliar o grupo. Organizaron ideas e propostas para facer os encontros máis participativos, dinámicos e cómodos para todas e todos, porque o máis importante é sentirse a gusto e poder expresar as opinións desde o primeiro momento. Para trasladar estas ideas no CLIA, Ainhoa expuxo un mural que recollía de xeito gráfico as súas ideas sobre participación infantil e adolescente. A alcaldesa agradeceu ás Toupas de Teo o traballo realizado e animoulles a descansar no verán para voltar con forzar no mes de setembro.

Outros temas abordados no CLIA foron a sinatura do Convenio de Colaboración entre a FEGAMP e a Xunta de Galicia para formar parte da Rede de Concellos contra o acoso escolar e o ciberbullyng, así como a nova interface do espazo Cidades Amigas da Infancia na páxina web municipal, que permite maior transparencia e visibilidade sobre as accións desenvoltas no marco deste programa https://www.teo.gal/gl/servizo/cidades-amigas-da-infancia. Tamén se lle deu impulsto á conta das Toupas de Teo no instagram https://www.instagram.com/toupasteo/

FOTO