O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Hugo Vázquez, Ramón Villares e Ignacio Balboa novos fillos adoptivos do municipio

| compartir:

O Concello de Teo aprobou onte no Pleno de abril a proposta da Alcaldía para nomear a Hugo Vázquez, Ramón Villares e Ignacio Balboa como fillos adoptivos do municipio, así como concederlle unha mención de honra á asociación cultural de divulgación e protección de arte rupestre “Colectivo A Rula”. A proposta saíu adiante cos nove votos do Partido Popular e oito abstencións dos partidos do PSOE, BNG e PXCT. 

Neste senso, Calvo de la Uz puxo en valor o traballo levado a cabo por todos eles nos campos da medicina, da comunicación, da historia, da cultura e da arte, sendo referentes nacionais nos seus eidos e protexendo, no caso da asociación, o patrimonio cultural máis primitivo como é a arte rupestre. 

Todos eles, veciños de Teo, son merecedores desta distinción dada a súa contribución á sociedade, co fin de mellorar as necesidades da cidadanía, contribuír a ampliar os campos de investigación, difundir os saberes técnicos e protexer uns bens culturais de importante valor histórico. 

Cabe salientar que, o nomeamento de fillo adoptivo e da mención de honra, vén fundamentados no disposto no Regulamento de condecoracións do propio Concello de Teo (publicado no Boletín Oficial da Provincia núm. 274 do 28.11.1998), en consonancia cos artigos 190 e 191 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais (ROF). 

 

foto