O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Concello de Teo pon en marcha a campaña “CHIP = COIDADO”, unha iniciativa destinada a promover a identificación obrigatoria de cans, gatos e furóns mediante microchip. A acción, inspirada no espírito comunitario de campañas como Bos Veciños, busca reforzar a convivencia responsable e reducir o número de animais perdidos no municipio.
A implantación do microchip é un procedemento rápido, indoloro e fundamental para garantir que unha mascota perdida poida regresar ao seu fogar. O obxectivo da campaña é fomentar o benestar das mascotas e que cando calquera cidadán atope unha mascota en plena vía pública poida ser identificado e entregado ao seu dono, xa que a través do Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía, os servizos veterinarios poden contactar de inmediato coa persoa propietaria.
A campaña estará visible en redes sociais e nos diversos puntos do concello mediante cartelería informativa. Desta forma, o Concello de Teo fai un chamamento á cidadanía para que cumpra coa normativa e contribúa a un municipio máis seguro, responsable e respectuoso cos animais, reducindo así o número de animais extraviados de forma involuntaria.