O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O Concello licita o contrato para actividades e escolas deportivas para o curso 2026-2027

| compartir:

O Concello vén de licitar o contrato para actividades e escolas deportivas no municipio para o curso 2026-2027, coa posibilidade de prórroga ata o 2028. Os interesados teñen toda a información do proceso na Plataforma de Contratación do Sector Público e poderán presentar ofertas ata o vindeiro 2 de xullo. 

No contrato especifícanse as actividades para adultos, entre as que están a ximnasia de mantemento e con ritmo, actividades de relaxación, artes marciais, tenis e tiro con arco; e para a rapazada, con actividades de artes marciais, tenis, iniciación a deportes varios, patín, xadrez e tiro con arco. 

En ambos casos -maiores e rapazada-, o período de realización das actividades e escolas será do 5 de outubro ao 12 de xuño (para o curso 26/27) e do 4 de outubro ao 10 de xuño (para o curso 27/28). Cabe incidir en que, ningunha das escolas deportivas poderá participar en competicións, pois están enfocadas á formación e non á competición.

Ademais, o Concello resérvase o dereito de suspender a realización dalgunha actividade para o caso de que as mesmas non teñan demanda ou a mesma resulte insuficiente. 



 

foto