O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

O Concello licita o contrato para a renovación de céspede artificial no campo de fútbol de Rebordelo

| compartir:

O Concello vén de licitar o contrato de subministro e obra de renovación de céspede artificial no campo de fútbol de Rebordelo, na parroquia de Calo. Os interesados teñen de prazo ata o vindeiro 10 de marzo para presentar as súas ofertas, tendo toda a información na Plataforma de Contratación do Sector Público.

O actual campo de fútbol ten unha superficie de 5.990 metros cadrados e presenta un estado de deterioro importante da fibra de céspede artificial, o cal non é apto para a práctica da actividade deportiva para o que estaba destinado no seu momento, pois fora renovado no ano 2019. 

Así, o actual contrato prevé o cambio do defectuoso pavimento de céspede artificial, mantendo a base elástica existente situada debaixo e os marcaxes dos distintos campos de fútbol 11 e fútbol 7 (en cores e dimensións). 

O material empregado deberá ser de última xeración, con recheo de materiais orgánicos e non caucho (xa que o seu emprego quedará prohibido nos campos a partir do ano que vén) e deberá estar certificado pola FIFA Quality Pro.


 


 

foto