O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O Concello reúne á directiva da empresa e ás traballadoras do SAF

| compartir:

A alcaldesa do Concello de Teo, Lucía Calvo de la Uz, reuniuse onte por terceira vez coa directiva da empresa que xestiona o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) en Teo e o comité de empresa da CIG, para tratar de mediar no actual conflito laboral entre as partes. Xunto co concelleiro de Servizos Sociais, Juan Cerqueiro, a rexedora tratou de que os implicados chegaran a un acordo para que o servizo se preste no municipio dunha forma habitual, pois nesta semana foron varias as incidencias producidas no servizo. 

Así, a empresa ofreceulle ao comité un escalado en función do prezo do combustible, ao tratarse dunha das medidas contempladas no actual convenio. Cabe lembrar que a empresa está a pagar ás traballadoras 0,25 €/km, a mesma contía que paga en todos os concellos nos que traballa a dita empresa e que é superior á estatal (que rolda os 0,18 €/km). Porén, as traballadoras do municipio de Teo non aceptan esta contía e solicitaban subila, canto menos, a 0,30 €/km. 

No día de onte, a empresa e o comité mostráronse conciliadores e puxéronse sobre a mesa dúas opcións para tratar de finalizar o conflito laboral. Un conflito que afectou aos usuarios do Concello de Teo e, por iso, o Goberno local actuou de mediador para que se chegara a un acordo polo ben dos usuarios e das propias traballadoras.

foto