O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O 10 de maio celebrarase a carreira pedestre "A Batalla de Cacheiras", que discorre polo Concello de Teo e que congrega -ano tras ano- a centos de participantes. O prazo de inscrición está aberto ata o vindeiro 6 de maio na páxina https://emesports.es/. Unha cita máis que destacada no calendario deportivo e que permite a grandes e pequenos a desfrutar dunha xornada de deporte, ocio e moita historia.
A carreira discorre por un percorrido que lembra os acontecementos históricos da Batalla de Cacheiras, sucedidos o 23 de abril de 1846. Faino polos camiños por onde as tropas do xeneral De la Concha avanzaron para enfrontarse ao exército sublevado liderado polo xeneral Solís. Uns camiños cheos de historia, de cultura, de paisaxe e arquitectura popular que atravesan as parroquias de Bamonde, Oza e Cacheiras.
Poderán participar atletas federados/as e non federados/as, aínda que haberá unha soa clasificación conxunta. O control da carreira realizarao o Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo. Todas as categorías están abertas a persoas con diversidade funcional, se ben, deberán adaptarse ás condicións existentes para cada circuíto. As persoas con discapacidade poderán realizar a proba acompañadas sempre que o precisen.
Recollida de dorsais e camiseta conmemorativa
A recollida de dorsais e camiseta conmemorativa será o sábado, 9 de maio, no Departamento de Deportes do Concello de Teo (Trav. Ramallosa, n.º 38 - Lucí) en horario de 10 a 13 horas. O propio domingo, 10 de maio, tamén se poderá recoller a partir das 9 horas ata media hora antes do comenzo das probas no lugar da meta (Cacheiras).
A carreira absoluta comezará ás 12.00 horas ao pé da Reitoral de Bamonde e rematará en Cacheiras. As probas escolares comezarán a partir das 10.30 horas e celebraranse no aparcadoiro do cemiterio de Cacheiras. A entrega de trofeos terá lugar a partir das 13.30 horas do mediodía.