O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Obras de mellora na casa común de Solláns

| compartir:

A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, acompañou á delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, na súa visita ás obras de reforma interior e renovación da cuberta da Casa Común de Solláns en Calo, un equipamento municipal de carácter social que desenvolve un espazo esencial como punto de encontro, relación e desenvolvemento de actividades veciñais, culturais e comunitarias. Esta actuación conta cun apoio da Xunta de case 30.000 euros a través da orde infraestruturas de uso público deste ano 2026 da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, que está destinada a localidades de menos de 30.000 habitantes. 

As obras que se están executando permiten renovar tanto a cuberta e a fachada  e acondicionar un novo espazo destinado a aseos, mellorando así a conservación, a accesibilidade e a funcionalidade das instalacións. No exterior do inmoble, os traballos xa executados centráronse na renovación integral da cuberta, coa retirada da antiga tella e a colocación dunha nova cubrición de tella cerámica, así como na impermeabilización das chemineas para reforzar a protección fronte ás filtracións. Ademais, substituénse os actuais canlóns e baixantes por novos elementos de aluminio lacado.

Ademais, as obras continuarán coa renovación da pintura da fachada exterior, mellorando tanto a imaxe como a conservación do edificio. No interior, a actuación tamén contempla habilitar un novo espazo de aseos mediante unha reforma integral do local existente. Os traballos inclúen a retirada dos revestimentos e elementos actuais, a mellora do illamento térmico, a colocación de novos revestimentos e pavimentos, así como a renovación das carpintarías exteriores para incrementar a eficiencia enerxética, ademais de colocar novas instalacións de fontanería e saneamento, lavabos, accesorios e o resto do equipamento necesario para ofrecer un servizo moderno, funcional e plenamente operativo

As obras contemplan tamén a adaptación das escaleiras para mellorar a súa accesibilidade e seguridade, a instalación de falso teito, a renovación da iluminación con tecnoloxía LED e luminarias de emerxencia, así como a dotación dun sistema de ventilación que garanta unha correcta calidade do aire.

 

FOTO