O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Pechada a Ruta dos Petróglifos de Teo

| compartir:

Como consecuencia do paso do incendio forestal de Herbón-Padrón por Teo, a área arqueolóxica do Monte Piquiño veuse afectada. De feito, hai varios elementos da Ruta dos Petróglifos poderían estar danados polo lume. Unha circunstancia que xa foi posta en coñecemento da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, os cales xa nos indicaron que nos vindeiros días pasarían os técnicos a revisar a zona.

Por iso, ante os perigos que poida haber na zona, o Concello solicita á veciñanza que non acuda a esta zona, para maior seguridade de todos. Cando volva a estar dispoñible a ruta para o seu desfrute, comunicarase debidamente. 

Monte Piquiño

Este sitio arqueolóxico representa unha das áreas de maior importancia en Galicia, e sen igual na Comarca de Compostela, pola gran densidade de xacementos de mámoas e petróglifos existentes e polas características dalgúns deses gravados.

Son moi relevantes os petróglifos de Río Angueira ou de Monte de Cornide, cun conxunto de escenas de monta, unha delas sobre un cervo; o petróglifo do Corno I, de gran importancia e recoñecemento na comunidade galega, que amosa na súa parte central un motivo cuadrangular segmentado acompañado dunha daga; e tamén os petróglifos de Pedra Bicuda de Loureiro que presentan numerosos gravados xeométricos de gran porte (combinacións circulares e espirais) e figurativos (cervos e cánidos).

cartel