O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, xunto co concelleiro de Relacións Veciñais, Juan Cerqueiro, achegouse esta mañá ata a aula informática municipal para darlle a noraboa aos rapaces e rapazas que finalizaron hoxe a súa formación sobre mecanografía básica.
O Concello organizou este curso no mes de agosto, cun total de 15 horas de formación sobre conceptos básicos da mecanografía. De feito, a cativada estivo practicando con varias plataformas online co fin de adquirir maior soltura co teclado do ordenador, conxugando aprendizaxe e diversión. Unha forma amena de aprender novas aptitudes durante as vacacións de verán.